Fomos casas con paredes de fume
Vivir á
marxe.
Soñar
espertos, coa boca chea.
Programadados
cun software cruel
que nos
volve desmemoriados.
Respirar á
marxe
nun
recuncho do mundo onde o ar
está
baleiro de fume.
Lonxe
do lugar
onde a barbarie
acompasa
cada latido do tempo.
A
invisibilidade coma un estado válido.
Nin sólido
nin líquido nin gasoso.
Coma unha
dimensión
alén do
universo lóxico,
alén do
concerto de balas.
É máis
cómodo o descoñecemento.
É máis
efectiva a suxestión
que
sustenta os nosos fíos.
Convertendo
ás mulleres e homes
en sangue
de entroido,
e ós nenos
nunha tristura volátil,
as vítimas en asasinos,
a dor
nunha palabra baleira de sentido.
E as
razóns, ausentes,
E os
pretextos, baldíos.
Os brazos
cansos de fabricar cadaleitos,
os corpos
enxoitos e os beizos rotos
e os ollos
estreitos e o peito cheo
de medo.
Morrer á
marxe.
Un cadáver
sen nome
esquecido antes de que
arrefríe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario