jueves, 9 de enero de 2014

"O corazón tecido de Catarina"

"O corazón tecido de Catarina", editorial Elvira,
escrito por Ruth Oliveira e ilustrado por Alba Castillo.

Nos tempos que corren é doado que desexemos escapar da realidade, e que o medo nos obrigue a agocharnos baixo unha coraza, o que pode impedirnos disfrutar do lado positivo do mundo que nos rodea. Que o hai, inda que custe atopalo. Pois como dicían as nosas avóas, mesmo nos días de choiva xorde o arco da vella. 

A baixa estima dun mesmo pode mergullarnos nunha burbulla invisible e iso é precisamente o que lle acontece á nosa protagonista, a Catarina. Mais hai sentimentos capaces de derrubar barreiras que semellan irrompibles nun principio, coma o amor incondicional, que posibilita unha vida chea de cores, deixando atrás a tristura. Porque o gris non aparece no arco da vella. 


O noso conto fala desta transición, mostrando unha mensaxe positiva na que o amor é o fío conductor, capaz de tecer corazóns de la infinita. A través del, queremos chegar ós nenos que se poidan sentir identificados, e que igual que a historia de Catarina, vexan que todo o que se propoñan é posible, con esforzo. Compre salientar que "O corazón tecido de Catarina" ofrece unha doble lectura, interpretada de xeitos distintos entre pais e nenos, e que invita á interacción entre ambos.

Agradecer infinitamente á Editorial Elvira, por confiar en nós, polo seu apoio en todo momento; a Francesca, polos seus valiosos consellos e, sobre todo, a Alba Castillo, por compartir comigo a ilusión, polas súas maravillosas ilustracións e todos eses momentos compartidos nos que, pouquiño a pouco, Catarina tomou forma por fin para convertirse en realidade. 

Podedes adquirir "O corazón tecido de Catarina" no seguinte enlace: 

Esperamos que o disfrutedes! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario