lunes, 20 de marzo de 2017

Os meus versos no evento organizado polo Festival Kerouac, xunto con outros moitos que se van a New York escritos nunha longa tea, bandeira da nación Poesía. Fermoso proxecto.


Auga lonxe,
vertida fervendo
sobre rochas mansas.
Zumega
o fume dos devanceiros.
Non aprendemos
nada
da auga que non é auga.
Só vapor
esquecéndose
da sede.
Queda
a nube translúcida
de realidade.