martes, 19 de septiembre de 2017

A Illa

Abaneábase nun vaivén
de movementos marcados.
Os ollos na porta.
O oído expectante.
A mandíbula incapaz
de minimiza-la forza.
Seu amor afúndese
no negror e na pestilencia,
engulido por un buraco negro.
Na súa contorna,
absoluta indiferenza.
Ancorada nunha illa
onde o océano nunca chega.

Xamais tivo medo.
Encaixou a súa sombra na sombra
da illa e na sombra do seu propio
baleiro.
Agardou ás tribos autóctonas.
Agardou ata ser fósil esquecido.
Podreceu coma unha froita
caída, esmagada.
Ata crer ela mesma
a súa propia nimiedade.