miércoles, 25 de octubre de 2017

Desmemoria

                                                                                 Fomos casas con paredes de fume

Vivir á marxe.
Soñar espertos, coa boca chea.
Programadados cun software cruel
que nos volve desmemoriados.
Respirar á marxe
nun recuncho do mundo onde o ar
está baleiro de fume.
Lonxe
do lugar onde a barbarie
acompasa cada latido do tempo.

A invisibilidade coma un estado válido.
Nin sólido nin líquido nin gasoso.
Coma unha dimensión
alén do universo lóxico,
alén do concerto de balas.
É máis cómodo o descoñecemento.
É máis efectiva a suxestión
que sustenta os nosos fíos.
Convertendo ás mulleres e homes
en sangue de entroido,
e ós nenos nunha tristura volátil,
as vítimas en asasinos,
a dor nunha palabra baleira de sentido.

E as razóns, ausentes,
E os pretextos, baldíos.
Os brazos cansos de fabricar cadaleitos,
os corpos enxoitos e os beizos rotos
e os ollos estreitos e o peito cheo
de medo.

Morrer á marxe.
Un cadáver sen nome
esquecido antes de que arrefríe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario