lunes, 6 de noviembre de 2017

Efémero

Sempre deixa a noite
uns segundos esquecidos
nun pequeno bote hermético.
Foxen os medos coa tardiña.
E quedo agochada na negrura.

Paseniño os soños se aproximan.
Son coma unha onda que me abanea.
Soños de verdade,
non sucedáneos dunha vida
empobrecida.
E o mel da ledicia ó lembrar
o non vivido
agroma nos meus beizos
un sorriso.

O sublime nun segundo
contrae cara ó efémero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario