sábado, 4 de noviembre de 2017

Persistir

Somos público e escena ó mesmo tempo

A alma chea de vontade.
A morriña afasta un vento
frío.
Bater as ás
          Bater as ás
                       Bater.
Quentar o corpo,
manter fresco o maxín:
é necesario seguir voando.

O efecto bolboreta
cobra un sentido novo.
Cando se aprende 
o idioma descoñecido
das nubes foráneas.
Bater as ás
tentando non acabar
baixo a terra.

Os voos son ceibes
cando o ceo é coñecido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario