miércoles, 11 de septiembre de 2013

Esperanza

A máquina de café chirria constantemente. Os movementos acrobáticos sucédense nun intento de compracer a tódolos clientes que ocupan o ateigado local. Obsérvoa. “Por fin”, pensei. Demasiado escuro móstrase o horizonte como para exhibir algunha pinga de optimismo. A vida é dura, sí, e con todo, ás veces sae o sol. Irradia entusiasmo e esperanza. Colleu aire, forza. Dende  o outro lado da barra, véxoa feliz, satisfeita de sentirse útil. Xa era hora. Un salario non é únicamente diñeiro, senón a liberdade de tomar decisións. O poder de escapar de quen lle fixo dano e, cos petos menos baleiros, todo é moito máis doado. Sorrime. Non pode dedicarme nin un minuto do seu tempo e, en cambio, síntome orgullosa de admirar a súa sorte, así, na distancia e en silencio. Porque só leva dous días e a cousa promete. As súas expectativas aumentan. E o seu sorriso xa non é finxido. E os seus ollos brillan. Teñen vida, xa non están cheos de nada.


Finalista en el I Certamen de microrrelatos Concello de Arbo

No hay comentarios:

Publicar un comentario